Saturday 04 de May de 2024

Brillante actuación do Atlética A Silva-Ordes no Campionato Galego de Relevos


Ourense acolleu no Día das Letras Galegas o Campionato Galego de Relevos. Hasta seis veces tiveron que subir ao podio os representantes de Atlética A Silva-Ordes. O equipo infantil masculino proclamouse campión galego de 4×80. Na mesma proba as rapazas de infantil fixéronse co bronce. A isto súmanselle os másters prata 4×100 e bronce 4×400 masculinos, ademais do ouro en 4×100 e a prata en 4×400 femininos. Pouco lles faltou aos cadetes para conseguir o bronce nun meritorio cuarto posto na proba de 4×300.